Rodrigo López Piquín

Rodrigo nace en Avilés no ano 1988, vive no Concello de Oleiros, en Santa Cruz, desde os 7 anos de idade. É Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas pola Universidade de Coruña.
Traballou, desde os 16 anos ata os 22, dando clases de vela, durante as fins de semana no inverno e entre semana no verán. Pero tamén traballou neses anos de animador de festas infantís, en campamentos, gimkanas, dando clases de escalada nun rocódromo portátil… e outras actividades de lecer activo. Os seus deportes son o Waterpolo, que practica desde os 8 anos no Club Natación Coruña, e a vela, gozándoa no Club Marítimo de Oza O’Puntal.
Piquín, como o coñecen os seus amigos, mostrou moito interese pola súa comunidade, seguindo o exemplo de moitas persoas que fan un esforzo pola convivencia e o benestar social, dando continuidade ao seu labor. Facendo ese traballo desde a Asociación de Veciños Santaia, a Comisión de Festas de Santa Cruz, colaborando coa organización de eventos…
Esta preocupación polos seus veciños fai que sexa elixido nun proceso aberto e asembleario como o seu representante no ano 2011, sendo nomeado Concelleiro Delegado de Obras Públicas. Tras a súa reelección no ano 2015 é 6º Tenente de Alcalde Delegado de Obras Públicas e Medio Ambiente.
Como Concelleiro foi nomeado representante do Concello de Oleiros na “Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas – Betanzos”, entidade promotora da candidatura de “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, polo que empeza a traballar nese proxecto. Esta experiencia é moi importante para o achegándolle moitos coñecementos e concienciándoo sobre a importancia de fomentar iniciativas sustentables e a transformación socio – económica do noso sistema de vida facéndoo máis respectuoso co medioambiente.