Plan Alimentario (2014-2022) da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terrras do Mandeo.

O Plan Alimentario (2014-2022) constitúese baixo o amparo dos axentes pertencentes ao sistema alimentario, a partir do traballo da Comisión técnica e as Mesas temáticas desde novembro do 2014 a xullo de 2015, cunha visión e uns obxectivos consensuados e compartidos por todos; co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a transición ecolóxica do Goberno de España e do Programa LEADER da Comisión Europea.

Esta estratexia pretende estimular a produción, transformación e consumo de produtos locais, coa posibilidade da súa posta en valor a través da Marca de Calidade “Reserva de Biosfera” que axude a desenvolver os circuítos curtos como estratexia de comercialización.

O plan apoia tamén outras lineas de traballo que deben seguir as Reserva de Biosfera como son o emprendemento verde, a mobilidade de terras, a produción ecolóxica, a recuperación de variedades autóctonas, lóitaa fronte ao cambio climático, a conservación da paisaxe ou o consumo responsable e sustentable.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo esta localizada ao noroeste de España e conta cunha poboación de aproximadamente 190.000 habitantes. Esta Reserva de Biosfera rodea á cidade da Coruña que ten 250.000 habitantes.

Por tanto a poboación total a ter en conta para a comercialización dos produtos locais achégase ao medio millón de habitantes o que é unha gran oportunidade para os produtores locais.

Este gran mercado favorece o emprendemento verde que necesita de programas específicos de mobilidade de terras que facilite o acceso aos terreos das persoas que puidesen acceder aos programas de formación.

Este plan non só debe facer fronte á escasa mobilización de terras tamén se enfronta aos problemas de atopar sementes ecolóxicas de plantas locais e a gran dificultade de atopar financiamento para poñer proxectos en marcha.

A isto hai que engadir que os pequenos produtores teñen dificultades para comercializar os seus produtos porque carecen de tempo para iso e non existía unha marca recoñecida no mercado, o que nestes momentos xa é unha realidade grazas ao Plan Alimentario.

Accións prioritarias do Plan Alimentario

Acción prioritaria 1.- Fomento da produción e transformación agroecolóxica

Trátase de incentivar a produción agroalimentaria establecendo como prioritarias as variedades e razas autóctonas. O abandono de terras supuxo unha perdida de biodiversidade e un aumento do risco de incendios. Co aumento da produción protéxese a biodiversidade e consérvanse as paisaxes tradicionais.

Obxectivos:

1. Fomentar o emprendemento agroecolóxico

2. Favorecer a mobilidade de terras e o acceso a estruturas produtivas.

3. Fomentar o uso de variedades e razas autóctonas.

4. Mellora da capacidade de transformación das producións locais.

Acción prioritaria 2.- Fomento do consumo de alimentos locais

O consumo de produtos en canles curtas é un obxectivo para cumprir para conseguir un consumo local máis sustentable. Débese dar un salto desde o sistema tradicional de venda directa de produtos locais en feiras e mercados facía outras canles de venda máis atractivos. Pode que a creación dunha marca que distinga os produtos é o alicerce básico do plan e esta contida en está acción prioritaria.

Obxectivos:

5. Promover os produtos da Reserva de Biosfera.

6. Dinamizar as canles curtas de comercialización mediantes acordos de distribución.

7. Mellora loxística da distribución dos produtores locais.

Acción prioritaria 3.- Mellorar na gobernanza do sistema alimentario local

Para o éxito desta estratexia alimentaria foi básico o traballo dos axentes locais por iso é esencial manter a súa participación. Créase un foro de participación permanente denominado Comisión Técnica Alimentaria dentro dos órganos de xestión da Reserva da Biosfera.

Obxectivos:

8. Eliminar as barreiras políticas, obstáculo ao desenvolvimiento dun sistema alimentario local sustentable.

9. Fortalecer o asociacionismo e o coperativismo no sistema alimentario local.

Acción prioritaria 4.- Concienciación da sociedade sobre os beneficios dos sistemas alimentarios locais

Os consumidores deben pasar de ser usuarios finais dun servizo para ser participes do sistema alimentario. Estes descoñecen os procesos de produción, os intermediarios, o prezo que recibiu cada un dentro da cadea, etc.

Débese promover unha conciencia social en materia de alimentación, saúde e medioambiente. Os actos de consumo son elementos transformadores, e o cidadán debe saber que a súa decisión na compra de determinados alimentos sans e de proximidade fronte a outros, pode contribuír a cuestións tan importantes como: a conservación ou mellora da súa saúde, o respecto ao medio ambiente, a conservación da paisaxe, o pago dun prezo digno aos produtores, e a creación de emprego e riqueza no territorio.

Obxectivos:

10. Divulgar os beneficios dos sistemas alimentarios locais.

11. Promover a participación cidadá na preservación da biodiversidade agraria e a produción ecolóxica.

Acción prioritaria 5.- Reforzar a innovación no sistema alimentario local

Trátase de implicar ás entidades do territorio que traballan en investigación, innovación, formación e asesoramento no sector agrario.

Obxectivos:

12. Posta en marcha de proxectos de innovación e colaboración entre axentes, centros de investigación e institucións locais e territoriais.

A creación dunha Marca de produtos da Reserva de Biosfera

Un dos principais atributos con capacidade de outorgar calidade diferenciada a un produto agro-alimentario é a súa relación co territorio onde ten lugar a produción.

Unha das vías dirixidas a garantir a orixe e a calidade dun produto son as marcas de orixe, que son un instrumento de enorme validez para identificar e poñer en valor as especificidades territoriais.

Tal e como nos explica Miguel Fernandez Pardo, Enxeñeiro Agrónomo e Técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a marca axuda a asociar o consumo dos produtos locais coa sustentabilidade e coa defensa da biodiversidade do territorio.

A creación desta Marca é un dos alicerces fundamentais do Plan Alimentario e supón un gran esforzo técnico poñela en marcha.

Ecocomedores escolares

Unha das accións que é necesario destacar son os Ecocomedores escolares. Esta iniciativa fai chegar os produtos ecolóxicos directamente aos comedores escolares que agora dispoñen de menús ecolóxicos. No curso 2017-2018 son uns 2.300 alumnos en 14 centros escolares.

Orballo

Unha das iniciativas emprendedoras que captou mellor o carácter innovador e á vez de profundo respecto á natureza e o rural é Orballo. Esforzáronse en poñer en valor especies forestais autóctonas e plantas aromáticas.

Banco de terras

Esta ferramenta desenvolta pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ten como obxectivo a dinamización de terras agrarias sen uso ou abandonadas. É moi importante poñer en contacto aos propietarios dos terreos cos emprendedores para conseguir que o Plan Alimentario teña éxito.

Daterra do País

Con máis de 15 anos de experiencia sumáronse á Marca de Reserva de Biosfera como produtora, envasadora e comercializadora de pataca e cebola. As súas técnicas de cultivo son as tradicionais e a emprendedora que está á fronte deste proxecto, Cristina Bañobre, defende o seu produto como sustentable porque vive e crea riqueza co mesmo.