Reservas de la Biosfera

As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Establécense sobre zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nas cales a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación son esenciais.
As Reservas son tamén lugares de experimentación e de estudo do desenvolvemento sustentable, en particular no marco do actual Decenio para a Educación con miras ao Desenvolvemento Sustentable. Deben cumprir tres funciones básicas:

  1. Conservación da biodiversidade e dos ecosistemas que conteñen.
  2. Desenvolvemento das poboacións locais.
  3. Unha función loxística de apoio á investigación, á formación e á comunicación.

Para o cumprimento destas funcións as Reservas da Biosfera deberán contar con tres tipos de zonas:

  • Unha ou varias zonas núcleo, cuxa principal función é a conservación.
  • Unha ou varias zonas tampón para amortecer os efectos das accións humanas sobre as zonas núcleo.
  • Unha zona de transición, onde se promovan actividades económicas sustentables para favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.

Aínda que de forma diferenciada, todas as zonas deben contribuír ao cumprimento de todas as funcións da reserva.
A atención céntrase en desenvolver modelos para a sustentabilidade mundial, nacional e local, e para que as Reservas da Biosfera sirvan de lugares de aprendizaxe onde os responsables políticos, as comunidades científicas e de investigación, os profesionais da xestión e os colectivos implicados traballen en conxunto para converter os principios globais de desenvolvemento sustentable en prácticas locais apropiadas. Por iso, a implicación da comunidade local é indispensable para que unha Reserva da Biosfera poida cumprir coas múltiples facetas que caracterizan a esta figura.
A RERB está integrada polo conxunto das reservas da biosfera (RB) españolas que están designadas pola UNESCO. En 2015 alcanzou o número de 47. As RB españolas están distribuídas por 15 das 17 comunidades autónomas e tres delas son transfronteirizas, das cales unha é intercontinental: http://rerb.oapn.es/
As Reservas da Biosfera onde transcorre o documental son as seguintes: